Século XXI

Tuesday, October 03, 2006

Xoven, sen emprego fixo busca...

... piso de aluguer. Non sei se algunha vez estivestedes nesta situación. Eu si. De feito levo 5 meses na procura dun piso en aluguer e... podo dicir que é prácticamente imposible. Hai distintas formas de buscar vivenda, analicemos cada unha delas:
  • Internet: hai diversas páxinas de búsqueda de vivenda. Eu teño a alerta activada de xeito que me chega un correo cada vez que se publica un anuncio coas caracteristicas que eu preciso (creedeme, son moi amplas). O último que recibín foi: segunda man, bo estado, dous dormitorios, dous baños... 900 euros/mes. Está ben, se non como, nin me lavo nin acendo as luces....
  • Prensa: Aqui podes atopar anuncios de particulares (son os menos), axencias inmobiliarias (prezos demasiado altos, sabedes que a axencia queda con cartos) e finalmente, o gran invento do século, as oficinas de búsqueda de vivenda (ou, como eu as chamo, axencias estafadoras). A estas últimas quero adicarlle o meu tempo. Estas oficinas defínense a si mesmas como intermediarios entre a persoa que busca e a que ofrece; a diferencia fundamental que teñen coas inmobiliarias é que, neste caso, é o interesado o que ten que desembolsar unha cantidade de diñeiro para que se lle busque piso. Eu fun victima deles. Unha mañá lin no xornal: piso de aluguer, céntrico, 2 dormitorios, con mobles, garaxe, 280 euros comunidade incluída. ¡Que choio! Chamei. Colleu o teléfono unha señorita con voz de teleoperadora típica que me preguntou a que anuncio me refería. Deille as explicacións pertinentes e díxome: "pásate esta tarde pola seguinte dirección...". Eu pensaba que esa era a dirección do piso que se anunciaba no xornal, pero non. Cando cheguei alí eran unhas oficinas. Pensei que estaba equivocada e, ó preguntar, a rapaza díxome que estaba no lugar correcto. Explicoume que eran e como funcionaban e aseguroume que antes de seis meses, atopábanme piso. Preguntei polo piso que se anunciaba no xornal e resulta que xa estaba alugado pero aquela muller ensinoume montóns de fichas, según ela, de pisos que estaban para alugar. Paguei. ¿Resultado? Disto fai 4 anos, e aínda estou esperando polo meu piso.

1 Comments:

Blogger Unknown said...

Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... realizar una consulta al dicom en chile

1:53 PM  

Post a Comment

<< Home