Século XXI

Thursday, August 17, 2006

Galiza xa non arde


Grazas ós/ás galeg@s , ós bombeiros de Galiza, doutras Comunidades, ó exército, ós/ás voluntari@s, en fin, grazas a tódol@s que, dalgún xeito axudaron a extingui-los incendios, Galiza xa non arde. Agora, queda o máis difícil: tentar que o noso país volte luci-lo seu característico verdor. Grazas.

Tuesday, August 08, 2006

Arde Galiza


Esperto cada día, sobor das sete, érgome para ir a traballar. Achégome a fiestra para saber que día vai facer, pero desde o venres, a paisaxe é a mesma: néboas de fume matinais que persistirán ó longo do día. ¡Que tristeza!. Partículas de cinza suspéndense no ar. Todo cheira a queimado. Todo cheira a destrucción, a impotencia, a incendio. Hectáreas da nosa terra reducidas á nada. Os efectivos non chegan, non son sufucientes,... e resulta que agora é culpa do galego. Hoxe saliu no telexornal un home que dicía que non puidera entrar nas brigadas anti-incendios da Xunta por non ter feito o cursiño de galego. E, como era de esperar, xorde o tan ansiado debate político. Certo sector da poboación fai a seguinte asociación "lóxica": hai incendios porque os galegos non sabemos galego. E a partires de aí, xa escoitei e lin de todo. Non penso que o problema sexa contratar a máis galego-falantes. ¿Ninguén pensou nese famoso dito, "é mellor previr que lamentar"?. Pois non. É mellor resposabiliza-lo novo Goberno, interrompi-las vacacións de verán e facer un mini-recorrido por aldeas afectadas con extinción de mini-incendio incluída. O mal xa está feito e agora hai que pensar en extingui-los focos existentes, apresa-los responsables reais desta catástrofe e intentar que non volva a suceder.